Turismo en Silleda

O sector hostaleiro de Silleda contribúe de xeito significativo a por en valor os grandes atractivos históricos, naturais, culturais e gastronómicos da terra de Trasdeza. O último tramo da Vía da Prata, que pasa por Silleda, convida aos visitantes a realizar un alto no camiño para coñecer de preto reclamos coma o Mosteiro de Carboeiro ou as Fervenzas do Toxa.

Descubrá o arte, patrimonio, festas, romarías, paisaxes… paraxes de gran beleza que non poderá deixar de coñecer. Sendeiros de gran beleza natural que percorren o Concello de Silleda mostrando ese encanto rural que esperta un sentimento único, o orgullo de ser de aldea.

Toda esta información e demais servizos que complementarán a súa estadía poderá atopalos na web oficial de turismo www.turismosilleda.es.

Para descargar o folleto das rutas de sendeirismo aquí

Atópenos en

Lugar Eirexe, 12 GRAVA
SILLEDA (Pontevedra)
Teléfono: 986 58 07 76

Horario

De luns a domingo de 9.30 a 23.30 horas.

Pechamos os mércores e as tres primeiras semanas de setembro.

Reservas

Realice a súas reservas nos teléfonos
986 58 07 76
/  667 30 15 54